viernes. 19.04.2024
verza1
O "gastrobar" Na Verza acaba de abrir as súas portas no número 30 da praza da Alameda.

A xerencia do recentemente inaugurado "gastrobar" Na Verza, na praza da Alameda, número 25 de Verín, selecciona nestes días un cociñeiro para por en marcha a súa cociña no vindeiro mes de setembro.

Dende as doce mañá e ata que o último cliente decida abandonar o establecemento, permanece aberto un novidoso local de ocio que ofrece ao público en xeral varios ambientes ben diferenciados, dende un comedor para degustar as súas tapas; un pequeno recuncho para a lectura e os xogos e, incluso, un diáfano espazo con extraordinarias e privilexiadas vistas ao castelo de Monterrei.

Todo o anterior, non desmerece nada á ampla terraza posterior con saída ao paseo do río, onde ben se pode optar por unha mesa ou relaxarse nos conxuntos de tresillo que tamén están a dispor dos clientes. 

verza2No comedor pódese atopar parte do esqueleto do mítico tractor Súper 55 de Ebro.

Os interesados en formar parte do equipo de Na Verza deberán entregar en persoa o seu currículum no propio establecemento, a partires das doce do mediodía.

verza4A súa terraza ofrece un importante número de meses e tamén varias estancias de cómodos sofás para a copa da última hora do día. 

¿Queres traballar no "gastrobar" Na Verza da praza da Alameda?