Venres. 29.03.2024
O pasado xoves realizábase o cribado a uns 140 usuarios do Servizo de Axuda no Fogar de Verín. | FOTO: Iván Iglesias.
O pasado xoves realizábase o cribado a uns 140 usuarios do Servizo de Axuda no Fogar de Verín. | FOTO: Iván Iglesias.

Logo do modesto incremento rexistrado na última semana no municipio de Verín, os seis novos casos coñecidos este mediodía, todos con distinta orixe segundo acreditan fontes do Sergas, fan temer unha nova ampliación das restricións na vila e arredores a pouco menos de tres días de Noiteboa. 

Segundo puido saber esta redación, seis foron os novos casos rexistrados dende o venres no concello de Verín, que cos dous de Castrelo do Val e Monterrei, respectivamente, engaden oito á conta xeral da comarca de Monterrei. Un home de 77 anos, unha muller de 88 anos de Feces de Abaixo -dera negativo inicialmente pero acabou desenrolando a enfermidade-, outra muller de 52 anos cos seus pais xa positivos, un empregado dunha industria metálica local -46 anos- e dous mozos de 25 (varón) e 28 (muller) son os casos positivos que xa se veñen de engadir á estadística diaria que facilita o Sergas dende a Xerencia de Área de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. 

Aos profesionais sanitarios preocupa o home de 25 anos que se desprazou dende Valencia logo de realizar un test de antíxenos que, inicialmente, deu negativo, pero que acabou por confirmar o positivo na enfermidade con PCR cando xa estaba en Verín e mantivera algún que outro contacto lóxico ao saberse libre da enfermidade. 

Catro hospitalizados, entre eles, a auxiliar de axuda no fogar

No hospital de Verín mantíñanse este mediodía catro persoas ingresadas pola COVID - 19, entre as que se atopa a auxiliar de xeriatría do Servizo de Axuda no Fogar, da que se confirmou o seu positivo o pasado 9 de decembro.

Tamén están sendo satisfactorios os resultados do cribado dos usuarios do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Verín. Ata o de agora, dos datos coñecidos, só tres maiores resultaron contaxiados, aos que se lles suman as dúas auxiliares de xeriatría que tamén desenrolaron a enfermidade

Seis novos positivos en Verín na fin de semana incrementan a posibilidade de volver ás...