Imprimir

Cinco novos positivos por coronavirus en Verín, todos na mesma familia

Xosé Lois Colmenero | 06 de setembro de 2020

Centro de saúde de Verín. | FOTO: Arquivo DdT.
Centro de saúde de Verín. | FOTO: Arquivo DdT.
Un novo surto familiar por coronavirus en Verín e outros tres positivos máis nun dos gromos de Riós -o primeiro- deixan este domingo un total de 8 casos adicionais de enfermos por COVID-19. 

O Sergas vén de informar doutro novo surto por coronavirus na vila de Verín, e tamén neste caso todos membros dunha mesma familia. Os afectados son un home de 37 anos, unha muller de 36 e dúas irmás de 18, ademais dun menor. 

Tamén o primeiro dos gromos detectados entre Riós e Castrelo do Val ten novos positivos. Sube a 11 afectados, con tres novos contaxiados, unha muller de 79 anos, un home da mesma idade e un menor. 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/verin/novos-positivos-coronavirus-verin-todos-mesma-familia/20200906191005010760.html


© 2020 Diario do Támega

O primeiro dixital da comarca de Monterrei