miércoles. 17.04.2024
Cea da familia do #VerínNonSePecha
Cea da familia do #VerínNonSePecha no restaurante Castelo de Verín.

A grande maioría dos veciños e traballadores do hospital comarcal de Verín que durante dous meses secundaron a protesta polo peche do paridoiro o pasado 30 de novembro -reaberto o día 3 de febreiro-, volveron a noite deste venres a concentrarse, aínda que por causas ben distintas ás que os levaron a pernoctar de seguido ao pé do despacho de dirección médica do complexo verinese. 

Cea do #VerínNonSePechaCocido, pan, viño e ganas de festa... Realmente precísase algo máis?

Desta vez foron as ganas de festa pola vitoria conseguida logo de que a Consellería de Sanidade recuara na súa decisión "irreversible" -como así a calificara Félix Rubial, o xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco na reunión cos alcaldes da comarca o pasado 25 de novembro de 2019- de clausurar o servizo de partos en Verín e o das Urxencias Pediátricas, as que levaron aos 61 asistentes á mesa do restaurante Castelo -na avenida de Laza e preto do propio hospital- para dar boa conta dun único prato: cocido. 

Cea do #VerínNonSePechaForon 61 as persoas que na noite deste venres se sentaron á carón da mesa do restaurante Castelo de Verín. 

Non faltaron, como non podería ser doutro xeito, cara a sobremesa, algúns dos éxitos musicais que ao longo dos dous meses de reivindicacións corearon nas principais manifestacións (ver vídeo a continuación) e tamén diante das portas do hospital verinense. 

Cea do #VerínNonSePechaMaría José Rodríguez, Antonia Rodríguez e Belén Martínez, tres das asistentes; obsequiadas cun clavel polo día de San Valentín. 

Ademais do cocido, había tamén un par de elementos indispensables para poder acudir á cea: a camiseta co lema da protesta gravado por diante, e as ganas de festa, como así se amosaron logo de dar boa conta do único prato do convite deste 14 de febreiro de 2020. 

A grande familia do #VerínNonSePecha celebrou a vitoria con cocido, pan, viño e moita...