Venres. 29.03.2024
museo claustro 24000 visitas
Unha das visitas ao Museo. Fonte: Carlos Montero.

O Museo do Claustro Mercedario de Verín recibiu a afluencia de máis de 24.000 vistantes en pouco máis de dous anos dende a súa apertura. Os voluntarios sénior da Cruz Vermella foron os compoñentes do grupo que sumaron esta cifra, na súa visita que cursaron aos contidos deste centro de interpretación da cultura do Val do Támega.


Das máis de 24.000 visitas, 2.293 obtivéronse dende o pasado 15 de marzo, nas festas patronais do Lázaro, con procedencias tan dispares como Alemaña, Portugal, Asturias, Madrid, Granada ou Taiwan.


Ademáis das cinco exposicións e o medio cento de actividades, destacan o ciclo de Cursos de Cata oficiais da UNED, a celebración do II Congreso Mundial de Lagares Rupestres -unha das riquezas turísticas da comarca- ou a instalación sobre o Padrón dos Pobos, que foi inaugurada polo romanista Antonio Rodríguez Colmenero.
Estas actividades e, concretamente as centradas na divulgación do mundo do viño, supuxeron para o Museo do Claustro Mercedario a nomeamento para os premios do Instituto Galego do viño de 2018, que finalmente premiaron o programa do aventureiro Jesús Calleja sobre a Ribeira Sacra en Antena 3.

O Museo de Verín supera as 24.000 visitas dende a súa creación