Imprimir

Unha moza de 32 anos de Verín, positivo por coronavirus

Xosé Lois Colmenero | 13 de agosto de 2020

Centro de saúde de Verín. | FOTO: Arquivo DdT.
Centro de saúde de Verín. | FOTO: Arquivo DdT.
Unha moza de 32 anos é o primeiro caso de coronavirus positivo que se coñece na vila de Verín logo de levantarse o estado de alarma no país. Na comarca é o terceiro, os dous primeiros -de Toro, Laza- tiñan relación de parentesco co gromo detectado en Vilar de Barrio. 

 

 

Segundo puido saber Diario do Támega, unha moza de 32 anos de Verín vén de se converter no primeiro caso positivo en coronavirus na vila logo de que se levantase o estado de alarma no país.

 

Súmase así aos dous casos rexistrados na localidade de Toro, en Laza -aínda activos-, ambos familiares do matrimonio falecido en Vilar de Barrio (o home, de 90 anos, finou onte pola noite no CHUO, onde permanecía ingresado. A súa dona falecera o pasado venres día 7 pola tarde con 91 anos).

 

No mes de xuño tamén se rexistrara un caso aillado doutra moza na localidade de Rabal, en Oímbra. 
 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/verin/moza-32-anos-verin-positivo-coronavirus/20200813094407010534.html


© 2020 Diario do Támega

O primeiro dixital da comarca de Monterrei