Xoves. 28.03.2024
jose-antonio
O xeneral José Antonio Alonso Miranda, finado este domingo aos 63 anos de idade.

O xeneral José Antonio Alonso Miranda, que fora xefe da Brilat entre os anos 2009 e 2013, finou este domingo aos 63 anos de idade de xeito repentino. Alonso Miranda estivo ao mando da base militar pontevedresa na etapa na que a brigada do Exército español se desplegou en Afganistán. 

Unha vez que pasou á situación de reserva no Exército, o xeneral comezou a traballar no ámbito da empresa privada, exercendo como xefe de seguridade para Galicia e Asturias dos centros comerciais de El Corte Inglés

Aínda que nado no municipio ourensán de Coles, a súa vinculación co concello de Verín era tal que os seus restos repousarán no cemiterio de Mandín, logo das honras fúnebres que terán lugar este luns ás 19,00 horas na igrexa da localidade

O funeral polo xeneral do Exército José Antonio Alonso Miranda serán este luns ás 19,00...