Imprimir

Monteval inaugura no Pereiro un curso de preparación de licores ecolóxicos

Diario do Támega | 23 de abril de 2019

O curso estase a desenrolar nas instalacións do restaurante O Cazador.
O curso estase a desenrolar nas instalacións do restaurante O Cazador.

Técnicos da Asociación Monteval asistiron este luns á inauguración do obradoiro gratuíto de elaboración de licores ecolóxicos. Estase a desenvolver nas instalacións da Finca O Cazador, de O Pereiro (A Mezquita).

A asociación Monteval, responsable da xestión dos fondos europeos do plan Leader dende o Grupo de Desenrolo Rural número 9, inagurou este luns ás 17:00 horas un curso de elaboración de licores ecolóxicos en O Pereiro (A Mezquita).

Neste obradoiro, que terá unha duración de 20 horas repartidas en 4 sesións de 5 horas cada unha -22, 23 e 24 de abril, e 23 de maio-, coñeceranse a definición e orixe dos licores, cómo se debe seleccionar a augardente adecuada para obter o mellor produto así como a lexislación que se debe cumprir ou os impostos a satisfacer ao erario público. Tamén terán un capítulo especial os licores tradicionais, no que se incidirá sobre a súa elaboración.

Todos os alumnos inscritos teñen a súa disposición material para a preparación e posterior envasado do seu propio licor, que poderán levalo para a casa unha vez finalizado o curso.

O obradoiro estase a desenrolar no salón de eventos da Finca O Cazador, en O Pereiro (A Mezquita), un dos proxectos que subvencionou precisamente o plan Leader no exercicio 2017 coa supervisión da Asociación Monteval.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/a-mezquita/monteval-ensinara-pereiro-preparar-licores-ecoloxicos/20190409095626002067.html


© 2019 Diario do Támega

O primeiro dixital da comarca de Monterrei