martes. 23.04.2024
Folletos e unha das urnas espalladas polos comercios da Mezquita na campaña do 2020.
Folletos e unha das urnas espalladas polos comercios da Mezquita.

O Concello da Mezquita vén de pór en marcha, por primeira vez, una campaña de potenciación do seu comercio de proximidade e na que se premiará o consumo local con ata 1.000 euros que aporta, de xeito íntegro, a institución municipal. Máis de trinta establecementos da localidade reparten xa estes días papeletas numeradas para o sorteo que terá lugar, dun xeito -din- "distinto", o vindeiro 5 de xaneiro do 2021 na explanada do colexio público local. 

Di o seu alcalde, Rafael Pérez, que "a crise económico-sanitaria producida pola COVID - 19 fai necesario que a totalidade da poboación poña da súa parte para reactivar a nosa economía, que non é outra que o comercio de proximidade. Por iso, decidimos pór en marcha, entre outras, esta iniciativa que ten como obxectivo contribuír á dinamización deste sector durante a campaña de Nadal 2020".

DSC_0585 (FILEminimizer)Rafael Pérez Vázquez, o alcalde nacionalista da Mezquita, nunha foto de arquivo, na primeira feria "Artesanato". | FOTO: Noelia Caseiro. 

A crise económico-sanitaria producida pola COVID - 19 fai necesario que a totalidade da poboación poña da súa parte para reactivar a nosa economía, que non é outra que o comercio de proximidade (Rafael Pérez Vázquez, alcalde da Mezquita polo BNG)

Todas as clientas e clientes, maiores de 18 anos e que realicen as súas compras ou consumicións nos negocios da localidade terán dereito a recibir unha papeleta (ou varias), segundo o importe do seu gasto: 

  • Gasto de ata 10 €           ............... 2 tíckets
  • Gasto de 11 € a 30 €      ................3 tíckets
  • Gasto de 31 € a 40 €      ................4 tíckets
  • Gasto superior a de 41 € ..............5 tíckets

Non poderán participar no sorteo os empresarios coas papeletas que lle foron asignadas ao seu negocio, así como tampouco poderán participar nin os seus cónxuxes, ascendentes e descendentes, ata o primeiro grado (incluído), nin os seus empregados.

Os empresarios facilitarán os tíckets aos consumidores, que deberán cubrilos cos seus datos (nome, apelidos, DNI e teléfono de contacto) e introducilos nunha urna deseñada para este fin.

Un sorteo "distinto"

Os empresarios teñen ata o día 4 de xaneiro ás 14:30 horas para entregar nas oficinas do Concello as urnas con todos os tíckets. A realización do sorteo levarase a cabo o sábado día 5 de xaneiro do 2021 ás 12:00 horas nos exteriores do Colexio Augusto Assía, dun xeito "distinto" e deberán estar dous representantes dos empresarios e dous representantes da administración local (elixidos previamente polas empresas adheridas á campaña), ademais de quen queira participar como público.

 

Dende as oficinas municipais e ata as 14:30 do día 7 de xaneiro localizarase aos premiados para que acudan ao Concello a que se lles faga entrega do respectivo talonario. Chamarase aos primeiros premiados e non caso de non seren localizados, intentarase cos suplentes.

O prazo para facer uso do premio remata o día 30 de xaneiro do 2021.

Mercar na Mezquita neste Nadal ten un premio de 1.000 euros