miércoles. 24.04.2024
de non facelo, a Xunta acometerá a execución subsidiaria do traballo, que custará arredor de 1.000 euros a hectárea

Medio Rural "convidará" por carta aos propietarios de 30.000 parcelas á roza da súa biomasa forestal

O conselleiro do Medio Rural, José González, desprazouse esta mañá ata Oímbra para supervisar os traballos de limpeza no marco do convenio de protección das aldeas. Alí, o conselleiro, que estivo acompañado pola alcaldesa, Ana Villarino, adiantou que xa se enviaron as primeiras notificacións aos concellos para que estes as remitan aos propietarios de 14.000 parcelas en parroquias das chamadas "priorizadas". O conselleiro aproveitou a súa visita ao municipio para coñecer as instalacións de dúas adegas, a de Quinta do Buble e a de Triay.

roza1
Un dos operarios da empresa pública Seaga rozaba esta mañá coa desbrozadora na ladeira da igresa de Santa María de Oímbra.

O conselleiro de Medio Rural, José González, achegouse hoxe ata Oímbra para revisar os traballos de roza nas franxas secundarias dun concello que se inclúe entre os 35 municipios galegos que teñen parroquias "priorizadas", isto é, zonas de alta perigosidade para a propagación dun lume. Ana María Villarino Pardo, a rexedora, acompañouno en todo momento tanto nas inmediacións dunha das igrexas de Oímbra, a de Santa María, como nas posteriores visitas a dúas adegas produtoras de denominación de orixe.

Nos advertímoslles aos propietarios que, se no prazo referido non se fai dita limpeza, cos medios da Xunta, en colaboración cos concellos, comezaráse a facer a execución subsidiaria

Logo de súas semanas especialmente duras en canto a número de focos e áreas afectadas, González sinalou na súa comparecencia que, aínda que a climatoloxía estea a dar un respiro, a Xunta de Galicia non deixa de traballar na prevención desta lacra que afecta á comunidade un ano sí e outro tamén. "Moitos alcaldes xa confirmaron que este é un mecanismo moi efectivo para defender as aldeas cando veñen os lumes", e confirmou que antes de que remate a semana sairán máis de 14.000 notificacións das execucións subsidiarias naquelas parcelas das parroquias de elevado risco de lume nas que, por unha ou outra razón, non se chegou a facer a limpeza das mesmas. A iste respecto, o conselleiro sinalou que a finais do presente mes de setembro, notificaranse as máis de 30.000 fincas nas que non se está abordando a roza. "Nos advertímoslles aos propietarios que, se no prazo referido non se fai dita limpeza, cos medios da Xunta, en colaboración cos  concellos, comezaráse a facer a execución subsidiaria". 

PREZO REDUCIDO PARA A ROZA

González lembrou que aínda se está a tempo de asinar os contratos ao prezo reducido de 350 euros por hectárea para que sexa a empresa pública Seaga a que se ocupe da roza, e advertíu que de non optar por esta opción, e chegado o momento de que se execute de xeito subsidiario por parte de Medio Rural a limpeza dun predio, ésta podería chegar a custar ata tres veces máis por hectárea. 

Doutra banda, durante a visita, José González lembrou que aqueles concellos incluídos no convenio, pero que non conten con parroquias "priorizadas", terán a posibilidade de facer aldeas modelo como a de Osmo. "Nestes momentos hai 30 concellos adheridos ao convenio e interesados en sacar adiante as aldeas modelo, e eu penso que é o camiño: que podamos traballar na extinción e que se aposte pola prevención e a anticipación ao problema dous lumes", dixo González.

roza2A alcaldesa, Ana María Villarino, explícalle ao conselleiro José González -no mapa- onde se están a realizar os traballos das parroquias "priorizadas" do municipio.

No caso de Oímbra, o proxecto abarca unha superficie total de 120 hectáreas de terreo. "Sabemos que no conxunto do territorio das parroquias "priorizadas" estamos nas 4.500 hectáreas. Entre o que se limpou voluntariamente, e o que estamos acometendo nós, estamos ao redor do 60 por cento de execución en Oímbra, pero nós queremos chegar ao 100 por 100", asegurou González.

VISITAS A DÚAS ADEGAS DA DENOMINACIÓN

O "ribeirao" José González rematou a súa visita polas terras de Oímbra visitando as instalacións de dúas adegas de Denominación de Orixe con sede no municipio: Quinta do Buble, nas Casas dos Montes, e Adegas Triay, no Rosal. Nesta última tamén se achegou ata unha das viñas que aínda agardan por seren vendimadas logo das recentes choivas desta semana, que obrigaron a interrumpir as tarefas da vendima. 

roza3Dende a esquerda, Lara Da Silva (presidenta de Denominación de Orixe), Ana María Villarino Pardo (alcaldesa), Puri García -propietaria de Adegas Triay- e o conselleiro José González. 

Medio Rural "convidará" por carta aos propietarios de 30.000 parcelas á roza da súa...