Venres. 29.03.2024
vellaoimbra
Ana María Villarino, a alcaldesa de Oímbra, entregoulle un presente o día da celebración dos cen anos de María.

ENTREVISTA | Esta ocupación de contar as cousas que as outras persoas lle ocorren, aínda que proporciona algún que outro sinsabor, ten, maioritariamente, momentos como os vividos unha mañá de xuño na casa de María Paulos. Esta muller, que o pasado día 6 de xuño superou os 100 anos, acolleunos coa mesma tenrura e amabilidade coas que de seguro servía copas ou vendía tabaco no estanco que durante cáseque toda a súa vida rexentou na localidade que a viu nacer. Tanto é así que, fóra xa da cámara, nos contou anécdotas tan singulares como que uns netos dun dos seus clientes víronse na obriga, no momento de falecer o avó, de cumprir unha das súas vontades, que non era outra que a de pasar a saudar á estanqueira de Oímbra, a mesma que lle gardaba algunhas das racións do tabaco que os da Telleira non consumían a metade do ano, "porque el, abofé que fumaba coma un carreteiro e non lle chegaba o que lle viña na cartilla". Ou aquela na que viaxou en autobús ata Valencia cun peto cheo de pedras de chisqueiros, o verdadeiro ouro negro que chegaba do veciño Portugal na época do estraperlo.

O pasado sábado día nove recibíu o agarimo de toda a súa familia e veciños. Diario do Támega quixo coñecela e adicounos, no seu domicilio, uns moi entreñables minutos que a todos vostedes lles brindamos. 

María Paulos: "A miña vida foi moi dura pero fun quen de lle facer frente ao mundo"