viernes. 19.04.2024
Cuns novos 48.000 euros ampliará a xona de xogos e o parque infantil da contorna do edificio multiusos

O Concello de Castrelo do Val xa investiu máis de 170.000 euros na área recreativa do Terrón

A área recreativa do Terrón, en Castrelo do Val, é unha das de maior atractivo do municipio e, cos 48.000 euros que se van a investir de novo nela, seguirá gañándoo. Con eles, o Goberno municipal prevé ampliar o parque infantil. Cando rematen as obras, teranse investido no seu entorno e no edificio multiusos máis de 170.000 euros. 

Área recreativa do Terrón, en Castrelo do Val. | FOTO: Cedida Concello Castrelo do Val.
Área recreativa do Terrón, en Castrelo do Val. | FOTO: Cedida Concello Castrelo do Val.

O Concello de Castrelo do Val ampliará e arranxará, cun orzamento de 48.000 euros, a zona de xogos e o parque infantil coñecida como "O Terrón", na capitalidade do municipio, a carón do edificio multiusos municipal. As arcas locais só achegarán uns 14.000 euros, ao beneficiarse dunha subvención da Xunta de Galicia para esta execución, que lle engadirá, segundo indica o rexedor Vicente Gómez, "aínda máis valor a unha área na que se están a desenvolver notables melloras". 

A anterior achega é unha máis das que xa ten recibido o Concello de Castrelo do Val para a mellora dese entorno. Así, o cambio do teito do edificio executouse cunha subvención da Deputación de Ourense e o remate das obras de pavimentación e acondicionamento da zona verde, con outra da Xunta de Galicia, recollida no denominado Plan Hurbe da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. O Concello tamén aportou, nestas obras de reacondicionalento, o seu grao de area, a través da compra duns 500 metros de terreo adicionais. Como así subliña o alcalde, Vicente Gómez, "Contouse cun orzamento moi ambicioso, uns 90.000 euros, cos que puidemos executar un proxecto que dotou de atractivo á zona, mellorando e ampliando á área recreativa da que xa goza toda a veciñanza" que xa é unha das máis demandadas da localidade. 

Agosto en obras

A ampliación da zona de xogos realizarase durante o mes de agosto, aínda que o seu prazo de execución remata o 30 de outubro. Quedará, logo delas, ese espazo común convertido "nunha gran área de lecer, con bancos, zona verde arborada, zona de xogos tradicionais e infantil, ao que hai que sumarlle as melloras no propio centro multiusos e a pista de pádel", destaca Gómez García. 

WhatsApp Image 2020-07-08 at 13.48.28 (1)O lugar xa é un dos máis demandados pola poboación de todo o municipio de Castrelo do Val. | FOTO: Cedida.

A inversión total do acondicionamento integral do Terrón e na ampliación do parque infantil supera os 170.000 euros nas súas diferentes fases.

O Concello de Castrelo do Val xa traballa no aumento da oferta de instalacións deportivas para os seus administrados coa construcción dunha pista polideportiva anexa nos vindeiros anos. 

O Concello de Castrelo do Val xa investiu máis de 170.000 euros na área recreativa do...