martes. 23.04.2024
Charla persoas coidadoras_recortada
Cruz Vermella Monterrei ofrecerá a charla formativa en Oímbra.

A situación cada vez máis crítica das axudas á dependencia provoca que case en cada casa exista unha persoa dependente que somentes pode ser atendida pola propia familia. Feito que provoca que os familiares se convertan en persoas coidadoras e sufran as consecuencias de ter que atender 24 horas ó día, 365 días ó ano a persoas dependentes. Un acto de amor, feito con todo o cariño, pero que ten consecuencias para a saúde física e psíquica dos propios coidadores e que vai menoscabando a súa vida social e laboral pouco a pouco.

Cantas persoas, na maior parte dos casos mulleres, teñen que abandonar o seu traballo para poder coidar a un familiar? Que supón esto para a economía familiar? E para a vida social e persoal da coidadora? Non ter tempo para un mesmo nin posibilidade de descanso en ningún momento provoca que o estado psíquico das persoas coidadoras tenda cara o esgotamento mental.

Existen estudios que demostran que os coidadores ven menoscabada a súa saúde física pouco a pouco ó ter que realizar as tarefas diarias de atención ó dependente; a hixiene, os cambios posturais ou traslado e mobilización dunha persoa require dun esforzo físico que deteriora a saúde do propio coidador. Moito máis, cando non se ten unha formación específica que ensine ás persoas coidadoras as técnicas que poden utilizar para mellorar cada un dos labores que realizan día a día.

É por iso que Cruz Vermella Monterrei mailo Concello de Oímbra decidiron organizar unha charla formativa na que se asesorará ás persoas coidadoras sobre como realizar estas tarefas diarias cos seus familiares do mellor xeito posible para non deteriorar a súa propia saúde. Será mañá xoves, 21 de novembro, no Centro Social de Oímbra, a partir das 17:00 horas.

Existen métodos e hábitos que facilitan as tarefas da persoa coidadora, axudándoa no día a día.

Tania Feijoo, traballadora social, e Piedad Matas, fisoterapeuta, explicaranlles ás e ós participantes temas moi conretos referidos ás súas tarefas diarias. Levantar, cargar e mover a un persoa require dun grande esforzo, máis se se fai a cotío; por iso un dos temas principais a tratar será como realizar os cambios posturais e a mobilización dos familiares dependentes correctamente sen padecer o coidador dolores ou enfermedades musculares.

Ademais, na charla trataranse outros temas importantes no coidado de persoas. As dúas poñentes darán a coñecer hábitos saúdabeis que deben ter en conta as persoas coidadoras, así como información sobre enfermidades que os afectan e mesmo as medidas de seguridade que deben tomar. Tendo coñecemento dos métodos e técnicas que existen á hora de coidar a unha persoa dependente, verán facilitado o seu labor diario.

Cruz Vermella Monterrei asesora ás persoas coidadoras sobre como levar o día a día