sábado. 20.04.2024
A Mezquita_queima palla 20191118_02
Membros do GES A Gudiña, esta madrugada, traballando na extinción do lume que abrasou a forraxe.

Se xa son poucas as dificultades que teñen os granxeiros para sacar adiante as súas empresas no rural, agora súmalle que acaban de perder toda a forraxe que tiñan almacenada para alimentar ós seus animais durante este inverno. As afectadas: dúas granxas da Mezquita.

Esta madrugada, entre as 2:00 e as 4:00 horas, iniciábase o incendio que acababa coa forraxe de dous gandeiros da localidade de Manzalvos, no concello da Mezquita. E iso, a pesares do esforzo levado a cabo polos membros do GES A Gudiña para apagar o lume. A eles, sumouse unha pala excavadora do concello para axudar nos labores de extinción.

Descoñécese a causa do incendio, pero cheira ben estraño xa que a forraxe estaba depositada no vello campo de fútbol de Manzalvos e tapada cunha lona para protexela das choivas dos últimos días. Inda así, iniciouse un lume que acabou con todo. O que alí tiñan depositado era un tráiler de herba máis dous camións de palla, alimento invernal dos seus animais do que non quedou nada.

Ata o lugar desplazouse o persoal do GES A Gudiña xa na madrugada para levar a cabo a extinción do lume. Foi necesaria, tamén, a utilización dunha pala excavadora que permitira mover as alpacas de palla para facilitar o total apagado dos restos. A estas horas, o lume xa está extinguido.

Arde o alimento dos animais que tiñan previsto utilizar no inverno dúas granxas de...