Xoves. 28.03.2024

Monterrei

VÍDEO | Homenaxe do Concello de Monterrei ao seu veciño "Chano", que superou o COVID-19

Voluntarios da Agrupación de Protección Civil dos concellos de Monterrei e Cualedro, no nome da Corporación do primeiro deles, quixeron esta mañá rendirlle unha pequena homenaxe a Graciano Blanco Balboa, de Estevesiños (Monterrei), máis coñecido como "Chano" pola súa extensa traxectoria profesional coma fontaneiro na comarca e que vén de superar o COVID-19 logo de case dous meses hospitalizado na unidade de coidados intensivos do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). 
Graciano foi trasladado o 23 de marzo dende o Hospital de Verín á UCI do complexo ourensán e o pasado 13 de maio chegaba coa alta médica no peto. Dende ese día recupérase xa cos seus da enfermidade, que lle fixo vivir algún que outro mal momento. 
Comentarios
VÍDEO | Homenaxe do Concello de Monterrei ao seu veciño "Chano", que superou o COVID-19