Venres. 29.03.2024

Verín

Grumir e Protección Civil de Verín felicitaron a medio cento de nenos que cumpriron anos en corentena

Desde que se decretou o estado de alarma provocado pola COVID-19, os operarios do Grupo Municipal de Intervención Rápida (Grumir) e os voluntarios da Agrupación de Protección Civil do Concello de Verín visitaron a máis de medio cento de nenos e nenas para felicitalos polos seus cumpreanos.

A iniciativa púxose en marcha para facer máis levadío o illamento dos máis pequenos da casa (dos 3 aos 10 anos) durante a fase máis dura do confinamento, e finalizou co inicio da fase 1 da desescalada, que xa permite a saída dos menores.

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, quixo agradecer publicamente o gran traballo que están a realizar durante o estado de alarma estes voluntarios e traballadores municipais quen, "ademais desta iniciativa solidaria, están desde o primeiro día do confinamento axudando a quen máis o necesita cos servizos de aprovisionamento de alimentos e medicinas e de reparto de material escolar; e velando pola seguridade de todos os nosos veciños, mantendo as rúas da nosa vila limpas e desinfectadas".

Comentarios
Grumir e Protección Civil de Verín felicitaron a medio cento de nenos que cumpriron...