Xoves. 28.03.2024
foxo
Xosé Lois Foxo guiou á prensa e aos primeiros interesados, entre eles o rexedor Gerardo Seoane, pola mostra inaugurada nos Mercedarios.

A exposición “Verín, enclave de gaita”, que se encontra exposta no Museo Claustro Mercedario de Verín, recibiu máis de 700 visitantes nos seus dez primeiros días aberta ao público. Dende o pasado 6 de agosto, aqueles curiosos que se achegan ata o Museo poden gozar dunha mostra iconográfica única e observar exemplares de gaitas primitivas interpretados e expostos, representativos da historia deste instrumento.

“Verín, enclave de gaita” é un proxecto fomentado polo Concello de Verín que busca desvelar a historia da gaita e achegala a unha vila que, por tradición, contou sempre cun gran número de gaiteiros e amantes do instrumento entre os seus veciños.

Dentro do programa incluíronse xa diferentes actividades como unha visita pola exposición que foi guiada polo propio Xosé Lois Foxo, director da Escola Provincial de Bandas de Gaitas; un concerto da Banda de Gaitas do Concello de Verín e unha conferencia sobre a iconografía da gaita impartida tamén por Xosé Lois Foxo.

As actividades continuarán próximamente coa presentación dun ensaio, escrito por Ruth Foxo, que recolle unha ruta polas gaitas que forman a mostra exposta no Museo Claustro Mercedario e que foi editada polo Concello de Verín.

Máis de 700 persoas visitaron xa o museo da gaita dos Mercedarios