martes. 23.04.2024
As actividades están dirixidas á cativada con idades comprendidas entre os tres e os 9 anos

Contacontos e manualidades para celebrar o Día das Bibliotecas na Municipal de Verín

Será o venres cando se celebre, un día despois do propio, co fin de que podan asistir ós obradoiros os pequenos e pequenas socios da Biblioteca

Contacontos na Biblioteca Verín
Contacontos e un obradoiro de manualidades para festexar o Día das Bibliotecas na Municipal de Verín. |FOTO: web Biblioteca Municipal de Verín.

Mañá xoves, 24 de outubro, celébrase o Día das Bibliotecas. Sendo entre semana, unha mala xornada para que os máis pequenos podan asistir ás actividades programadas para eles na Biblioteca Municipal de Verín. É por iso que decidiron pospór a celebración un día, para que coincida co venres e podan asistir.

Vai ser un día no que todos os membros que conforman a gran familia da Biblioteca de Verín disfruten xuntos coa conmemoración do seu día; nenas e nenos socios, voluntarios e voluntarias e os traballadores da Biblioteca teñen moito que celebrar xa que foron eles os que a converteron na Mellor Biblioteca de España na súa categoría. 

Para elo organizouse unha tarde de actividades para os máis pequenos, dirixidas a nenas e nenos socios da Biblioteca con idades comprendidas entre os tres e os 9 anos. Será unha tarde lúdica, rodeados de libros, na que haberá unha sesión de contacontos e un obradoiro de manualidades con materiais reciclados. Será este venres, 25 de outubro, dende as 18:00 horas e ata as 19:30 horas.

Os encargados de realizar e coordinar as actividades serán as voluntarias e os voluntarios da Biblioteca Municipal de Verín, rapaces e rapazas de entre 9 e 17 anos que colaboran a cotío co centro en moitas das súas actividades. Contarán coa axuda do persoal da Biblioteca. 

Haberá un cupo máximo de 20 cativos e cativas que podan asistir, polo que é necesario inscribirse previamente. Pódese facer na propia biblioteca, por teléfono (988.41.36.24), ou ben por email: [email protected]

Contacontos e manualidades para celebrar o Día das Bibliotecas na Municipal de Verín