viernes. 19.04.2024
laza1
Así quedaron os dous automóbiles contra os que impactou a furgoneta.

Pouco despois das sete de mañá tiña lugar, á altura dos números 6 e 8 da avenida de Laza de Verín, un aparatoso sinistro de tráfico que se saldou co conductor da furgoneta que o orixinou con lesións que o obrigaron a trasladalo ao servizo de Urxencias do Hospital Comarcal. 

Segundo aseguran testemuñas presenciais, o ferido, traballador das obras do AVE, e que se dirixía ao centro da vila pola avenida de Laza, perdeu o control do seu vehículo por motivos que aínda se descoñecen e acabou impactando contra dos automóbiles que estaban estacionados na mesma vía pero no sentido contrario da marcha do primeiro. O conductor da furgoneta invadiu o carril contrario e bateu, frontolateralmente, cun Peugeot 207 vermello e un VW Golf blanco.

Dous dos tres vehículos implicados no accidente estaban estacionados na avenida de Laza.A furgoneta que causou os danos acabou invadindo o carril contrario ao da súa circulación. 

Ata o lugar se desprazaron os efectivos de emerxencias (Bombeiros, Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia), para trasladar ao ferido leve ao hospital e restablecer a circulación nunha vía que soporta un importante volume de vehículos á hora do sinistro e seguintes. 
Un despiste ao volante ou mesmo un lixeiro capítulo de somnolencia do operario das obras do AVE son as causas do sinistro que os investigadores barallan arestora. 

laza3O primeiro automóbil con danos estaba estacionado á altura do número 8 da avenida de Laza. 

Ferido leve o conductor dunha furgoneta que impactou contra dous vehículos estacionados...