Imprimir

Falece o ex alcalde de Castrelo do Val, Raúl Fernández Fernández, aos 64 anos

Diario do Támega | 20 de xuño de 2019

O ex alcalde de Castrelo do Val e mestre en Oímbra, Raúl Fernández.
O ex alcalde de Castrelo do Val e mestre en Oímbra, Raúl Fernández.

O que fora alcalde de Castrelo do Val, delegado da Consellería de Política Territorial en Ourense, e actual parlamentario galego polo Partido dos Socialistas de Galicia, Raúl Fernández Fernández, faleceu esta tarde, pasadas as seis, logo dunha enfermidade que o mantivo hospitalizado nos últimos días. 

Raúl Fernández ocupou o cargo de secretario provincial do PSdeG - PSOE na provincia entre o 2009 e o 2017. O veterano político perdera no 2016, de xeito tráxico a noite de Nadal nun accidente de tráfico, á súa filla.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/castrelo-do-val/falece/20190620192002002797.html


© 2019 Diario do Támega

O primeiro dixital da comarca de Monterrei