Imprimir

A Denominación de Orixe Monterrei e o Concello de Verín colaboran para a celebración da Feira do Viño de Monterrei

Diario do Támega | 05 de xullo de 2019

Á esquerda, a presidenta do Consello Regulador da Denominación, Lara da Silva. Á dereita, o alcalde da vila, Gerardo Seoane. | FOTO: Cedida
Á esquerda, a presidenta do Consello Regulador da Denominación, Lara da Silva. Á dereita, o alcalde da vila, Gerardo Seoane. | FOTO: Cedida

Este xoves as dúas entidades, representadas pola presidenta do Consello Regulador Lara da Silva e o alcalde da vila Gerardo Seoane, asinaban un convenio de colaboración destinado á organización da próxima edición, que terá lugar entre o 9 e o 11 de agosto

A día 4 de xuño data o asinamento do documento que recolle, por escrito, as cuestións das que cada entidade terá responsabilidade, do mesmo xeito no que se realizou o ano pasado. No mesmo, inclúense as informacións e decisións precisas en materia da montaxe do recinto feiral, actuacións musicais, publicidade ou o acto da Cofradía dos Viños de Monterrei, entre outras temáticas e actividades.

 

A colaboración entre os dous organismos, no referente á Feira do Viño de Monterrei, esténdese a outros ámbitos como a elección do cartel oficial, que anunciarán na próxima semana.

 


 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/auga-vino-terra/denominacion-orixe-monterrei-concello-verin-colaboran-celebracion-da-feira-do-vino-monterrei/20190705152854002942.html


© 2019 Diario do Támega

O primeiro dixital da comarca de Monterrei