Xoves. 28.03.2024
Os efectivos do GES de Laza, tentando conter o lume na vivenda da rúa Barrio.
Os efectivos do GES de Laza, tentando conter o lume na vivenda da rúa Barrio.
Os equipos de extinción do Grupo de Emerxencias Supramunicipais de Laza, apoiados por efectivos do Parque de Bombeiros de Verín, tentan arestora conter o avance das lapas dunha vivenda na rúa Barrio de Laza. 
O lume declarouse pasadas as 19:30 horas na planta baixa da vivenda. Segundo os primeiros indicios, puido orixinarse nunha das estufas de leña que os seus ocupantes tiñan acesa para calefactar esa estancia. Testemuñas presenciais aseguran que as lapas xa afectaron gravemente á planta baixa e os efectivos de emerxencia tentan salvar a planta primeira da mesma. 

Declarado un lume nunha vivenda de Laza