Venres. 29.03.2024
Manuel Carballeira levouse os 1.000 euros cos que estaba dotado o primeiro dos premios do certame

Un coruñés gaña a terceira edición do concurso de pintura rápida de Monterrei

Non era difícil percorrer este sábado os recunchos da fortaleza de Monterrei e non atopar un lenzo a medio facer antes das 19:30 horas, que era o prazo límite que tiñan os 11 artistas que participaron na terceira edición do concurso internacional de pintura rápida para entregar as súas obras. Pouco despois das 20:00 horas coñeceuse ao gañador, o coruñés Manuel Carballeira

Os premiados na terceira edición do concurso de pintura rápida de Monterrei.
Os premiados na terceira edición do concurso de pintura rápida de Monterrei.

Un total de 11 artistas chegados da provincia, do resto da comunidade autónoma e mesmo de Asturias participaron este sábado na terceira edición do concurso de pintura rápida do Concello de Monterrei, que se repartiron por varias das localizacións da fortaleza para, en 8 horas, ter rematadas as súas obras. 
Manuel Carballeira, da Coruña, foi o gañador do certame e o posuidor, logo da entrega de premios, dos 1.000 euros que lle otorgaba a organización ao vencedor. O pontevedrés Eduardo Pérez recibiu 500 euros pola súa pintura, como segundo clasificado, e a terceira clasificada, a asturiana de Xixón Montse Valera, unha escultura de Xosé Gómez Rivada, o polifacético artista de Verín que con Fernando Barreira e Rafael Castro, conformaron o xurado desta edición

Pintura rápida MonterreiPor momentos, aqueles que preferiron o exterior para pintar, precisaron de paraugas. 
 

Na entrega de premios e posterior convite no Hospital da Trinidade, agora convertido en Centro de Exposición dos produtos da comarca de Monterrei, estivo presente o rexedor municipal José Luis Suárez Martínez

Un coruñés gaña a terceira edición do concurso de pintura rápida de Monterrei