sábado. 20.04.2024
O verinense Emilio González Afonso, esta mañá, presidindo a reunión cos responsables dos corpos e forzas de seguridade do Estado.
O verinense Emilio González Afonso, esta mañá, presidindo a reunión cos responsables dos corpos e forzas de seguridade do Estado.

 O Centro de Coordinación (CECOR), presidido polo subdelegado do Goberno en Ourense, o verinense Emilio González, reuniuse hoxe para coordinar a participación e a actuación das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, así como a colaboración co corpo de Policía Local do concello de Verín ante a entrada en vigor a partir das 00:00 horas do xoves, 22 de outubro, de medidas restritivas da mobilidade adoptadas pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia debido á evolución da COVID-19 nos municipios de Verín, Oímbra e Vilardevós.

Na xuntanza acordouse o establecemento de dispositivos de control para restrinxir a mobilidade na unidade perimetral composta polos tres concellos, tanto nas vías principais como nas vías secundarias, que se levarán a cabo de maneira coordinada entre efectivos da Garda Civil, do Corpo Nacional de Policía, da Unidade do CNP adscrita á Comunidade Autónoma e do corpo de Policía Local de Verín. Unha vez que as medidas acordadas entren en vigor os seus habitantes non se poderán desprazar fóra deles, agás por motivos laborais, educativos e sanitarios.

Media provincia con restricións


Emilio González quixo trasladarlles ás forzas e corpos de seguridade unha vez máis o seu recoñecemento persoal e institucional polo esforzo e polo traballo que están levando a cabo no control e vixilancia do cumprimento das medidas restritivas da mobilidade que, coa entrada en vigor das novas restricións esta medianoite, afectarán ao 49% da poboación da provincia de Ourense.

Non podemos baixar a garda nos ambientes familiares e nos entornos sociais, se é que queremos reducri a propagación dos contaxios (Emilio González Afonso, subdelegado do Goberno de España en Ourense)

O subdelegado do Goberno quixo manifestar o seu agradecemento pola colaboración da gran maioría da cidadanía e apelou "a non baixar a garda nos ambientes familiares e entornos sociais, mantendo a responsabilidade e conciencia social para reducir a propagación dos contaxios". Emilio González quixo lembrar as recomendacións básicas para a prevención de contaxios pola COVID-19 como o uso da mascarilla, o respecto dos aforos indicados, o lavado frecuente de mans, o mantemento da distancia entre persoas e a ventilación de forma frecuente de espazos pechados.

Controis en todas as vías principais e secundarias do perímetro de Oímbra, Vilardevós e...