jueves. 18.04.2024
Alumnos del Conservatorio de Verín, tocando en la calle Mayor.
Desde a esquerda: Laura, Valeria, Mateo, Iván, Iria e Sara, todos eles alumnos do Conservatorio de Verín, tocando na rúa Maior o pasado 4 de xaneiro. | FOTO: Victoria Pato.

O vindeiro mes de setembro, no que arrincará o curso 2020-2021 no Conservatorio de Música de Verín, os alumnos que nel se matriculen farano xa como estudantes dun centro de grao profesional, como así viñan demandando os pais e nais dos cativos dende hai tempo. 

Así, e como confirman fontes municipais, logo da aprobación definitiva dos orzamentos, procederáse á contratación dun novo mestre que esixe a normativa reguladora destes centros para adquiriren a categoría de profesional. Asemade, o Concello implementará unha aula con material didáctico que fará as veces de biblioteca, outro dos requisitos esixidos pola Xunta de Galicia para lle conceder o novo grao. 

Logo dos investimentos, chegará a redación dunha nova ordenanza reguladora e a súa posterior aprobación pola Corporación municipal, deixando así o camiño expedito para todos aqueles alumnos que no mes de maio superen as probas de acceso a un Conservatorio xa de grao Profesional e para as que os seus mestres xa os están preparando. 

Con este anuncio, péchase así unha das "loitas" que con música comezaron os pais dos alumnos do Conservatorio hai xa máis dun ano. Tentaron, en todo momento, visibilizar ao alumnado polas rúas da vila e sempre reivindicando o novo grao para o centro educativo musical. A galas de Santa Icía ou Nadal, cun grande éxito de público, serviron de novo para solicitarlle ao equipo de Goberno, presente na sala principal do auditorio entón, todo o esforzo posible para superar un chanzo a categoría do Conservatorio.

Coa aprobación, dende o vindeiro xoves ás 9:00 horas, dos orzamentos do 2020 arrinca o procedemento para facer do soño dos pais e nais da ANPA, unha realidade

Javier Díaz, presidente da asociación de nais e pais dos alumnos do Conservatorio, asegurou que "tenemos la palabra de Diego y confiamos plenamente en él. La segunda mitad del curso, tras la aprobación de los presupuestos, va a ser crucial en la ampliación del servicio. Tienen bastante trabajo por delante; y ahí estaremos los padres apoyando al Concello en todo lo que necesite: ideas, reuniones, apoyo a la hora de acudir a instituciones, etcétera", apuntou Díaz.

O Conservatorio de Verín arrincará o curso en setembro co grao de Profesional