Venres. 29.03.2024
centro
Os servizos sociais municipais de Verín sumaron, o pasado 8 de abril, un máis ao seu catálogo: o centro de día para maiores.

O departamento de Persoal do Concello de Verín traballa estes días arreo, en colaboración coa concellería de Servizos Sociais, para implementar, o máis áxilmente posible, o servizo de axuda no fogar que a compañía adxudicataria en febreiro do ano 2018 deixará de prestar en breve. 

Segundo aseguran dende Alpixendra, "nos optamos á xestión por un ano do concurso licitado polo Concello de Verín, porque tiñamos ganas de traballar en Verín, ao estar xa prestando ese servizo en moitos axuntamentos da comarca e de fora dela". Malia o anterior, os xestores da concesionaria pronto se percataron de que a oferta que os levou a seren os adxudicatarios era deficitaria e lles estaba a provocar importantes perdas ao mes, razón pola cal lle comunicaron de xeito expreso ao Concello de Verín a súa intención de non facer valer a prórroga que o contrato de concesión por un ano lle permitía. 

Arestora, como así confirman dende Alpixendra e dende o propio Concello, estáse a prestar o servizo mantendo os estándares de calidade, pero pronto -"agardamos que sexa antes de que remate este mes de novembro", din dende a concesionaria- serán os propios técnicos municipais os que comecen a controlar de xeito directo tanto ao personal que se acabará asumindo como ás necesidades da poboación que precisa dalgún tipo de axuda social. 

NOVOS POSTOS DE TRABALLO

Asumir por parte do Concello de Verín a xestión directa do servizo de axuda no fogal suporá, como así establece a lexislación vixente, incorporar tamén á nómina de empregados municipais arredor de 40 novos traballadores, os mesmos que ata o de agora aínda figuran contratados pola entidade concesionaria. 

Segundo advirten dende o consistorio, "ata que non esté en funcionamento, se coñezan os custes do servizo e se poida prestar coa mesma calidade que o facía a adxudicataria, non sairá a concurso público de novo, se é que sae, que aínda non está tomada esa decisión de xeito definitivo", di o teniente de alcalde, Diego Lourenzo

O Concello de Verín asumirá aos 40 traballadores do servizo de axuda no fogar,...