Venres. 29.03.2024
Un par de vehículos de Tráfico da Garda Civil percorreron as aldeas do municipio lembrando por megafonía a necesidade de ficar na casa

O Concello de Oímbra aplica xa estritas medidas de seguridade para frear o avance do COVID-19 tralo primeiro caso positivo en San Cibrao

Ana María Villarino, alcaldesa de Oímbra, emitiu esta mañá un bando que xa se pode ver en todas as rúas do Concello, no que insta á cidadanía a manter as medidas de seguridade impostas dende a Xunta de Galicia e o Goberno de España: non saír á rúa agás en situacións de estrita necesidade. 

WhatsApp Image 2020-03-20 at 17.16.30
O tenente Nogueiras recibe de mans da alcaldesa de Oímbra, Ana María Villarino, o bando que divulgou esta mañá.

Diario do Támega avanzaba, en exclusiva, na madrugada deste venres o primeiro caso de COVID-19 da comarca, en Oímbra, unha muller residente de Madrid casada cun veciño natural de San Cibrao. 

Ana María Villarino, alcaldesa de Oímbra, emitiu esta mañá un bando que xa se pode ver en todas as rúas do Concello, no que insta á cidadanía a manter as medidas de seguridade impostas dende a Xunta de Galicia e o Goberno de España: non saír á rúa agás en situacións de estrita necesidade. 

O concello contratou os servizos dunha empresa especializada que está xa desinfectando as vías públicas de San Cibrao, unha medida que tamén se aplicará a outras poboacións do municipio de Oímbra.  

O Destacamento de Tráfico de Verín patrullou ó longo desta mañá as rúas da localidade afectada advertindo á poboación do seu deber de permanecer nos domicilios. Da mesma forma, estase vixiando as vías públicas do Concello de Verín ca finalidade de reducir ao máximo a libre circulación dos cidadáns. 

O servizo epidemolóxico da Consellería de Sanidade contactará con aquelas persoas coas que a infectada poidera estar en contacto estreito, activando de forma inmediata o protocolo correspondente. 

Ambas institucións, a Garda Civil e o Concello, reiteran que se manteña a calma e o confinamento.

O Concello de Oímbra aplica xa estritas medidas de seguridade para frear o avance do...