jueves. 18.04.2024
rio
Os traballos de acondicionamento do leito do río estenderanse ata a veciña localidade de Pazos.

O Concello de Verín vén de anunciar que este luns comezará a limpar -de novo- e a realizar tarefas de conservación do treito urbano, o leito do río Támega, coincidindo co seu paso pola vila á altura da ponte (Olivar) e a localidade de Pazos. As actuacións que se proxectan teñen por obxecto levar a cabo as medidas de protección necesarias para previr futuros problemas de cheas invernais e consolidar un caudal mínimo continuo do seu cauce ao seu paso por Verín.

Para a realización dos traballos vanse a diferenciar dous tramos diferentes. Por una parte, realizarase a limpeza de vexetación que invade o leito e a posterior colocación de gravas na paraxe do Olivar. Por outra, a limpeza de vexetación que invade o leito na paraxe da Noria, Ponte de Melo e Área recreativa de Pazos.

AUTORIZACIÓN DE MEDIO AMBIENTE

Esta actuación execútase tras recibir a pertinente autorización por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galiza, onde confirman que a devandita acción "non causa prexuízo á integridade do espazo e non afecta de xeito significativo a hábitats prioritarios ou a núcleos poboacionais das especies de interese para a conservación ou elementos da paisaxe que revistan unha importancia fundamental para os compoñentes da biodiversidade".

ACTUACIÓN PREVENTIVA

"É unha actuación preventiva máis das que vimos realizando, previa autorización de Xunta de Galicia, en zonas onde a acumulación de grava, broza e suciedade converten partes do leito do río Támega en puntos de perigo de inundación", explicou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo.

O Concello acometerá dende este luns un novo lavado de cara do leito do río Támega ao...