Xoves. 28.03.2024
centrosocialmonterrei
O centro social do maior de Monterrei estase a levantar ao carón das piscinas municipais.

O Concello de Monterrei vén de por en marcha a construción do centro social de atención ao maior do municipio. Nestes días comezaron as obras de desterro para o levantamento da nova instalación municipal, financiada íntegramente polo Consorcio Galego dos Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia e cun orzamento de 200.000 euros

Segundo consta no proxecto técnico, trátase dunha edificación que se levantará nunha soa planta ao carón das piscinas municipais do Concello, na rúa Fontiñas do núcleo de Albarellos. Construiranse uns 255 metros cadrados e no edificio, ademáis dun espazo común de esparcimento para os maiores, instalarase un servizo de lavandería a prezos económicos e tamén as propias dependencias de xestión da instalación así como dos Servizos Sociais locais. O prazo de remate das obras está fixando nuns nove meses.

O rexedor, José Luis Suárez, confirmou que "con este novo edificio pretendemos desconxestionar un pouco as oficinas municipais, trasladando, non moi lonxe do Concello, ao departamento de Servizos Sociais e concentrándoos todos alí. Os nosos maiores terán, ademáis da posibilidade de realizar as xestións propias deste ámbito, unha zona de ocio ao longo do día, con cafetería, vestiarios e baños e ata a opción dunha lavandería industrial para todos aqueles que teñan xa dificultades para o seu aseo no domicilio", concretou. 

Comezan as obras do centro social de atención ás persoas maiores de Monterrei