Venres. 29.03.2024

O 5 de xullo terá lugar unha Asamblea informativa no centro social de Vilaza sobre o proxecto de recuperación no Castelo de Lobarzán e o Castro das Laxes de As Chás. Neste evento intervirán membros do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo para explicar o proxecto de recuperación.

Haberá diferentes xornadas informativas previas ao inicio dos traballos que se celebrarán en distintos lugares, onde poderán acceder as persoas que así o desexen.

O Castelo de Lobarzán e o Castro das Laxes de As Chás quedaron afectados por un incendio o 29 de agosto de 2018, iniciado na autovía A-52. Os restos do castelo medieval de Lobarzán foron levantados moito antes que o de Monterrei para dominar o territorio. 

O incendio tamén afectou a petroglifos, tumbas antropomorfas e cerámicas antigas.

Comezan as asambleas para a recuperación do Castelo de Lobarzán e o Castro das Laxes de...