Xoves. 28.03.2024
Así llo anunciou a súa directora aos familiares dos usuarios de Raiola, cos que mantivo unha reunión

O centro de día de Verín reabrirá as súas portas en tres fases dende o vindeiro luns 1 de xuño

A dirección do centro de día para maiores do Concello de Verín explicoulle ás familias dos usuarios do centro, nunha reunión na que se mantiveron todas as medidas de seguridade tanto de desinfección, hixiene como de distanciamento social, como será a volta a actividade dendo o vindeiro día 1 de xuño

A dirección do centro de día Raiola mantivo unha reunión cos familiares dos usuarios.
A dirección do centro de día Raiola mantivo unha reunión cos familiares dos usuarios.

Tres fases, de quince en quince días, e arrincando dende o vindeiro luns. Así será a volta á normalidade no centro de día para maiores do Concello de Verín "Raiola". Persoal da entidade concesionaria, acompañados da súa directora, Chelo Ferreiro, mantiveron esta tarde unha reunión explicativa cos familiares dos seus usuarios para lle comunicar o reinicio da actividade e como terá lugar esa volta ao máis parecido á anterior normalidade. Ademais, a directora da instalación lle entregou un completo dossier ás familias, explicativo das medidas que se tomarán dentro do centro de día pero tamén daquelas que teñen que respectar cos maiores nos seus propios domicilios. Unha enfermeira do centro de saúde de Vilardevós, Luísa Rodríguez, foi a convidada pola dirección para expor, de xeito pormenorizado, os protocolos a seguir por parte das familias co gallo de preservar de posibles contaxios por coronavirus aos anciáns dentro das súas vivendas. 

No protocolo de reactivación entregado aos asistentes figura documentación gráfica e moi visual de como se debe de actuar con persoas en risco, como se deben usar as máscaras para evitar manipulacións perigosas das mesmas, ou cales deben de ser as medidas a tomar tanto ao saír como ao entrar na casa dos familiares e tamén dos propios usuarios do centro de día. 

Segundo lle comunicou a directora Chelo Ferreiro, ampliaranse tamén os horarios do transporte adaptado que ofrece Raiola para que se poidan cumprir as medidas de seguridade impostas para o mesmo e realizaránse desinfeccións periódicas e diarias, logo de cada servizo, do vehículo. 

Traballo en grupos reducidos e mantendo a distancia

Dentro do centro de día mudarán tamén moito os hábitos, priorizando o traballo individual ou en moi pequenos grupos e con persoal estable. Manterase a distancia social de dous metros entre os usuarios e as actividades que requiran de máis dun participante organizaranse en quendas dun reducido número de usuarios para que se respecte a distancia mínima social recomendada polas autoridades sanitarias. En todo momento se impedirá no recinto a aglomeración de persoas, xa sexan usuarios ou visitantes, que polo de agora terán prohibida as súas visitas ao interior do centro de día. 

Intensificación das labores diarias de desinfección

O persoal do centro conta xa con todos os equipamentos de protección individual específicos para o desenrolo da súa actividade, fundamentalmente máscaras, pantallas e luvas, e as labores de limpeza e desinfección da instalacións reforzaranse con programas intensificados de mantemento dende as seis da mañá, prestando especial adicación ás zonas onde poidan transitar maior número de usuarios e ás superficies de contacto frecuente como varandas e pasamáns, botóns, pomos de portas ou mesas. 

O centro de día de Verín reabrirá as súas portas en tres fases dende o vindeiro luns 1...