Imprimir

Brigadas forestais de Medio Rural toman posicións para conter o avance das lapas en Vilardevós

LARA GARCÍA | 30 de xullo de 2020

As brigadas de Medio Rural desprazadas na fronteira para actuar no incendio de Mairo. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
As brigadas de Medio Rural desprazadas na fronteira para actuar no incendio de Mairo. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

O lume que se iniciou na localidade portuguesa de Mairos ameaza os montes de Vilarello e Arzádegos, en Vilardevós.

O incendio está activo dende as 13:37 horas da tarde deste xoves, 30 de xullo, e comezou na freguesía pertencente ao distrito de Vila Real (Chaves). 

Aínda en territorio portugués, 3 brigadas de Medio Rural atópanse colaborando na extinción a carón da fronteira e agárdase a chegada dunha motobomba. A BRIF de Laza tamén se achegou á zona:

As lapas xa están no monte do Marco da Cota que representa a división física entre España e Portugal; se o incendio continúa avanzando, poderían alcanzar os montes de Vilarello e Arzádegos, en Vilardevós

Ás 18:00 horas desta tarde, o lume atopábase a unha distancia de aproximadamente 2 km da fronteira e xa foran mobilizados 181 operarios, 49 medios terrestres e 8 medios aéreos segundo informa a Asociación de Voluntarios Dixitais en Situacións de Emerxencia na súa conta de Twitter :

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/vilardevos/brigadas-forestais-medio-rural-toman-posicions-lume-non-avance-cara-territorio-nacional/20200730192854009852.html


© 2021 Diario do Támega

O primeiro dixital da comarca de Monterrei