jueves. 25.04.2024
Xastré_peza_do_mes (1)
O Museo de Verín homenaxea o tradicional ''xastré'', nunha nova peza do mes deste Entroido. | FOTO: Concello de Verín.

O Museo Claustro Mercedario de Verín presenta, a través das redes sociais, a súa nova peza do mes: unha homenaxe á botella de xastré ou xastreu como ''musa do Entroido''. O museo destaca a súa historia e aporta un dato pouco coñecido ata o de agora, a súa etimoloxía, resultado dun estudo realizado por Luis Congil, comisario da exposición.

O seu orixe remóntase ao ano 1903, cando os monxes Cartuxos chegaron a Tarragona procedentes do Massif de la Cartreuse, nos Alpes franceses, e comezaron a elaborar un elixir a base de augardente e unha fórmula secreta de herbas, que lle confiren a cor a súa versión verde. Pouco a pouco foise comercializando baixo o nome de Chartreuse. Na comarca de Verín, desenvolveu a súa propia fórmula e adaptou o nome de xastré ou xastreu, que designa unha das herbas que se utilizan na súa elaboración.

Captura de pantalla 2021-02-13 135010Imaxe antiga de comercialización da botella de xastré ou xastreu. | FOTO: Concello de Verín.

Trátase dunha bebida alcohólica moi popular na comarca de Monterrei, principalmente no Concello de Laza, onde o seu consumo é habitual nas celebracións do Entroido e outras festividades tradicionais. A súa elaboración é caseira, a partir da mestura de augardente, azucre e oito tipos de herbas silvestres. Posteriormente, macérana durante un período de 20 días, dándolle a súa cor verde tan característica.

Esta é outra das pezas coas que o Concello de Verín desenvolve a súa campaña dixital, co lema ''Entroido de Verín, sempre latexando''. O obxectivo destas accións é apelar á responsabilidade e, ao mesmo tempo, manter vivo o espírito desta festividade.

O museo de Verín escolle ao "xastré" de Laza coma a peza do mes