martes. 16.04.2024
Apurando as horas para un novo peche de bares e cafeterías en Verín. | FOTO: Noelia Caseiro.
Os bares volven a estar na diana das decisións do comité clínico da Xunta. | FOTO: Noelia Caseiro.

O comité clínico propuxo endurecer as medidas para cortar a cadea de contaxios e por iso, optou por que toda a comunidade quede comprendida nos dous niveis máis altos de restricións, o que implica entre outras cousas que toda a hostalería galega peche ás 18:00 horas e que as reunións de non conviventes queden limitadas a catro persoas en todos os concellos.

Mañá coñeceranse máis detalles das decisións do comité, que segue reunido arestora, nunha comparecencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que será transmitida en directo dende o facebook de Diario do Támega.

Os bares da comarca tamén terán que pechar ás 18:00 horas