viernes. 19.04.2024
checa
Nova Era actuando nun dos concertos na República Checa en agosto. Fonte: Mari Prieto

A Banda de Gaitas Nova Era de Verín tocará o sábado 8 de xuño no Castelo de Monterrei, con motivo da XXXIV Xuntanza Internacional de Gaiteiros, festa declarada de interese turístico e cultural.

O evento, que comezará ás 19:00 h, contará coa presenza e interpretacións de artistas internacionais coma o belga Jean Pierre Van Hees , Mihael Emanuel Veckovic dende Croacia, os escoceses Scott Figgins e Chloe Elisabeth Taylor, ou Liesa e Ulrich Künzelman dende Alemania. Será de carácter gratuíto e para todos os públicos.

Tamén haberá actuacións de artistas galegos coma David Bellas ou Julia Bailón Fernández, así coma o Grupo de Zanfonas e a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, entre outros.

Coma en anos anteriores, Nova Era será a encargada de abrir as actuacións ás 19:00 h. A banda anunciou que coma sorpresa para o público interpretará dous temas inéditos, incluidos no seu primeiro disco titulado "Rumbo NE", que se comercializará o vindeiro mes de decembro.

A Banda de Gaitas Nova Era actuará o sábado 8 de xuño no Castelo de Monterrei