Venres. 29.03.2024
Diseño sin título (18)
Cancelación Cabalgata Estática de Reis en Verín. | FOTO: Paula Morales.

Tralo aumento ata 92 casos activos por Covid-19, o Concello de Verín decidiu cancelar a cabalgata estática de Reis prevista para este martes 5 de xaneiro. Con esta medida preténdese evitar aglomeracións que poidan poñer en risco a saúde pública e que eleven aínda máis o número de contaxiados.

A pesar de que o evento contaba cun estrito protocolo de seguridade, adaptado ás medidas sanitarias vixentes, decidiuse cancelar todo acto para evitar poñer en risco a pequenos e maiores. Sen embargo, os nenos e nenas da localidade recibirán os agasallos que xa estaban preparados.

Dende o Concello sinalan que ''facemos un chamamento aos veciños e veciñas para que actúen con responsabilidade individual xa que a situación que se vive o Verín é moi delicada''.

Facemos un chamamento aos veciños e veciñas para que actúen con responsabilidade individual xa que a situación que se vive o Verín é moi delicada (Concello de Verín)

O Concello de Verín rectifica e suspende a cabalgata de reis estática polo aumento de...