Xoves. 28.03.2024
logo de asistir a proxección dun documental, achegáronse ata a localidade lazana de Toro

Alumnos do Castro de Baroncelli coñecen a historia, aínda viva, dos carrilanos

Máis dun cento de alumnos do instituto Castro de Baroncelli de Verín coñeceron hoxe máis de cerca un chisco da recente historia das xentes do val e da comarca: a construción do camiño de ferro ao seu paso por Laza, Castrelo do Val e A Gudiña. Rafael Cid, xornalista e director do documental "Carrilanos, os túneles dun tempo", participou na tertulia posterior á proxección da súa cinta. Logo, os rapaces viaxaron ata Toro, en Laza, para escoitar a historia dun dos carrilanos vivos, Hermógenes Requejo
toro3
Os alumnos do Castro de Baroncelli, diante do túnel do Corno, en Laza. | FOTO: JOAQUÍN JIMÉNEZ.

Máis dun cento de alumnos do Instituto Castro de Baroncelli de Verín tiveron, esta mañá, a oportunidade de coñecer un pouco máis a historia do val no que estudan, e máis concretamente a dos carrilanos que participaron na construción da liña do camiño de ferro, ao seu paso polos concellos de A Gudiña, Laza e Castrelo do Val. 

toro4Paco Blanco, a edila de Cultura, Emilia Somoza, e o xornalista verinense Rafael Cid.

Este "Luns carrilano", que así lle deron en chamar a proposta formativa, dividiuse en dúas partes, unha delas desenrolouse no auditorio da vila de Verín, no que se proxectou o documental "Carrilanos, os túneles dun tempo", e que contou coa presenza do seu director, o xornalista e presentador de informativos nado en Tamagos, Rafael Cid. Tanto Cid, como a edila de Cultura do Concello de Verín, Emilia Somoza, e o promotor de varias das homenaxes aos carrilanos da comarca, Paco Blanco, participaron logo do visionado nunha charla-coloquio cos alumnos. 

toro2Hermógenes Requejo (esquerda), co teniente de alcalde de Laza, Jorge Lorenzo, logo de recibiren aos alumnos á entrada de Toro. | FOTO: JOAQUÍN JIMÉNEZ. 

A segunda e última das partes na que se fraccionou a experiencia foi a visita dos xóvenes á localidade lazana de Toro, onde coñeceron a Hermógenes, un dos traballadores de entón na vía que se estaba a construír. Alí, o tenente de alcalde, Jorge Lorenzo, exerceu de anfitrión polas pistas de Correchouso e a coñecida Pista do Marroquí. 

toro1Alumnos do Castro de Baroncelli, camiño dos montes da localidade na procura dos túneles do camiño de ferro. | FOTO: JOAQUÍN JIMÉNEZ.

Hermógenes Requejo, que así se chama o carrilano que participou na xuntanza cos rapaces e que tamén tivo unha especial relevancia no documental de Rafael Cid, faloulles esta mañá aos cativos dalgúns dos aspectos máis destacados da construción do camiño de ferro. Así, relatoulles como se chegou a construír o túnel do Corgo, "no que unhas brigadas de mineiros traballaban a destaxo, nunhas condicións pésimas, os barreneiros; e logo estaban os escombreiros, que cargaban o escombro a man con palas, que logo se sacaba do túnel en vagonetas tiradas por mulas", apuntou. 

Ou como chegaron a colocarse varios cables, pois en Toro, daquela non había ningún acceso á zona de obras, e a solución adoptada foi tirar uns cables para, nuns rudimentarios funiculares, subir o material ata a localidade.

Alumnos do Castro de Baroncelli coñecen a historia, aínda viva, dos carrilanos