Venres. 29.03.2024
peugeot1
O vehículo que desaparecera na rúa Rosalía de Castro de Verín, amenceu así nas inmediacións de Medeiros, en Monterrei.

Cara as dúas da tarde, a propietaria do vehículo roubado na madrugada deste xoves recibía a chamada da Garda Civil na que lle anunciaban que acababan de dar co paradoio do seu automóbil. O que parecía unha boa nova, logo se tornou en peor, ao comunicarlle que o coche fora localizado nunha pista da localidade de Medeiros, en Monterrei, por un veciño do lugar pero que presentaba un importante golpe frontal froito do accidente que os presuntos autores do delicto protagonizaron na fuxida

Segundo asegurou a súa titular, "é evidente que debían de ser dous os pasaxeiros que fuxían con el, porque despois do accidente saltaron os dous dispositivos de airbag e os pretensores dos cintos nos dous asentos. Seguramente, como rápidamente as redes se fixeron eco da desaparición, o agocharon durante o día -por o xoves- e tentaron trasladalo cara Portugal na noite do xoves ao venres".

Efectivos da Policía Xudicial da Garda Civil revisaron completamente o automóbil e tomaron mostras das pegadas dos posibles autores da subtracción para tentar identificalos

Localizado nunha pista de Medeiros e logo dun accidente o vehículo roubado na madrugada...