Xoves. 28.03.2024
Vista aérea da localidade de Videferre, en Oímbra.
Vista aérea da localidade de Videferre, en Oímbra.

Segundo vén de informar a Garda Civil, Joaquín Dasilva, o home desaparecido dende a tarde de onte xoves na localidade na que residía, Videferre, en Oímbra, acaba de ser localizado nas inmediacións da súa vivenda en perfecto estado de saúde. 
Interrogado polos motivos que o levaron a desaparecer da súa vivienda manifestou que "se sentía un pouco triste e que decidira marchar". 

Os veciños de Joaquín Dasilva, de 52 anos, botárono en falta xa na noite de onte e deron a voz de alarma. Na súa búsqueda participaron, dende onte, varios axentes da Garda Civil, tanto do seu Servizo de Protección da Natureza (Seprona), como da Policía Xudicial, Destacamento de Tráfico e Seguridade Cidadá. A eles se sumaron esta mañá voluntarios da Agrupación de Protección Civil do Concello de Verín e mesmo efectivos da Unidade Militar de Emerxencias con base circunstancial na vila. O operativo de búsqueda completárono decenas de veciños de Videferre que peitearon, co resto do equipo de búsqueda, os montes da aldea ata a próxima localidade de Espiño, tamén en Oímbra. 

Pouco antes das sete da tarde, un veciño do desaparecido atopábao de camiño cara a súa casa, aparentemente en perfecto estado de saúde. 

A alcaldesa de Oímbra, Ana María Villarino, manifestou a súa ledicia por teren atopado a Joaquín Dasilva san e salvo e asegurou que estará moi pendiente "da súa evolución, por se precisara de axuda dende os Servizos Sociais do noso concello", amais de "agradecer a colaboración que prestaron tanto as forzas de seguridade do Estado, os efectivos enviados dende o Concello de Verín e, como non, os veciños de Joaquín que tamén participaron no operativo", afirmou a rexedora municipal. 

Aparece polo seu propio pé o veciño desaparecido dende onte pola tarde en Videferre