Imprimir

Aparece morto no interior dunha furgoneta no parking de Rosalía de Castro, en Verín

Diario do Támega | 17 de maio de 2020

Á esquerda, a furgoneta na que foi atopado o corpo sen vida do home de 46 anos. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Á esquerda, a furgoneta na que foi atopado o corpo sen vida do home de 46 anos. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

Será a autopsia a que determine as causas reais do falecemento dun home de 46 anos que este mediodía foi atopado sen vida no estacionamento exterior da rúa Rosalía de Castro, en Verín. 

Pouco despois das doce do mediodía, localizábase, no interior dunha furgoneta estacionada no parking exterior fronte ao supermecado Mercadona de Verín, na rúa Rosalía de Castro, o corpo sen vida dun home de 46 anos. Foron os achegados e familiares os que localizaron ao home sen vida e inmediatamente os veciños do lugar deron parte á Garda Civil, que enviou varias patrullas ó estacionamento. Ata alí tamén se desprazaron unha dotación da Policía Local e efectivos de emerxencias, que só puideron certificar a morte do varón. 
Pouco despois da unha do mediodía chegaba a xuíza para o levantamento do cadáver de M. J. S., que tiña lugar cara as dúas da tarde entre mostras de dor dos familiares que ata alí se desprazaran. 
A Garda Civil de Verín investiga as causas do falecemento e será a autopsia que se lle ía practicar no Tanatorio La Paz a que determine as definitivas razóns do seu finamento. 
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/verin/aparece-morto-interior-dunha-furgoneta-nun-parking-verin/20200517152646008628.html


© 2020 Diario do Támega

O primeiro dixital da comarca de Monterrei