Xoves. 28.03.2024
Todo fai indicar que os orzamentos deseñados polo rexedor non contarán co voto favorable de En Marea

Jesús Blanco, alcalde de Laza: "Mañá teremos o pleno dos orzamentos. Vai haber guedella. Poida que nos quede pouco"

A cinco días de que se cumpra un ano de que Socialistas e En Marea arrebataron a maioría absoluta ao Partido Popular, o pacto de Goberno surxido logo dos comicios daquel 26 de maio está a piques de rachar. Así o recoñece o rexedor lazano nun wasap aos seus seguidores, convidándoos a que asistan ao pleno de mañá. 

Laza_alcalde_xesús blanco conde
O alcalde de Laza, Xesús Blanco Conde, nunha imaxe de arquivo. | FOTO: Iván Olmos.

Interesante, movida e con todas as papeletas para que o pleno dos orzamentos se convirta na primera das fases da ruptura do acordo de Goberno entre socialistas e Xuntos por Laza, se presenta a sesión plenaria na que se debatirá o orzamento para este ano 2020 no concello lazano.

Mañá teremos o pleno dos orzamentos. Vai haber guedella. Xa sabedes como andan os de En Marea (...). Así e todo, poida que nos quede pouco (Jesús Blanco, alcalde de Laza)


Segundo está a enviar o propio rexedor por mensaxe de Whatsapp a todos os seus acólitos, Jesús Blanco recoñece que o acordo que o levou ao sillón de alcalde pode estar dando os seus últimos coletazos. O tenor literal da comunicación que está a enviar é o seguinte: "Mañá teremos o pleno dos orzamentos. Vai haber guedella. Xa sabedes como andan os de En Marea. Hoxe boicoteáronme unha xunta de Goberno e a reunión para explicarlles os orzamentos. Nestes van todas as obras propostas por eles e o seu programa de envellecemento activo. Así e todo, poida que nos quede pouco. Seguiremos intentándoo. Se podedes e queredes asistir, acudide con máscara, aínda que o salón é suficiente para gardar a distancia e poder estar sen ela".

Jorge Lorenzo, de Xuntos por Laza.Jorge Lorenzo, de Xuntos por Laza, tenente de alcalde lazano. 

O pleno está previsto para as 12:00 horas e o principal punto da orde do día é o debate dos orzamentos, por importe total de 1,4 millóns de euros, e todo indica que terán os votos en contra dos seus socios de Goberno, Xuntos por Laza, liderados por Jorge Lorenzo. 

Jesús Blanco, alcalde de Laza: "Mañá teremos o pleno dos orzamentos. Vai haber...