Xoves. 28.03.2024
cartaz web concentracion ourense 04_04_19
Cartaz da concentración

A Asociación Galega de Apicultura (AGA) convoca unha concentración para o 4 de abril ás 11:00 h en Ourense, diante da Delegación da Xunta de Galicia, con motivo da ameaza que supón a velutina. Os integrantes consideran necesaria esta concentración, co obxectivo de denunciar a pasividade das institucións e que escoiten as demandas dos abelleiros e abelleiras. Para isto, entregarán un documento dirixido á Delegada da Xunta de Galicia de Ourense, solicitando unha reunión para explicarlle as propostas que plantexa a asociación. A provincia de Ourense é un dos últimos territorios colonizados polo tártago asiático en Galicia, onde se prevé un avance importante para este ano. Sendo esta a provincia de maior número de profesionais do sector apícola e, polo tanto, cun gran número de colmeas, o dano económico,ambiental e social pode ser moi grave.


Deste modo, AGA fai un chamamento a participar a todos os abelleiros e abelleiras, pero tamén a outros sectores afectados e á cidadanía en xeral.

AGA convoca unha concentración mañá en Ourense pola ameaza das velutinas