Venres. 29.03.2024
cartel
O torneo terá lugar os días 6, 7 e 8 de agosto na praza García Barbón de Verín.

Os vindeiros días 6, 7 e 8 de agosto terá lugar na Praza García Barbón o Torneo de Fútbol 3x3 AEVER – Concello de Verín 2018, coorganizado conxuntamente polo Concello e pola Asociación de Empresarios de Verín (AEVER).

O torneo estará dividido nas seguintes categorías:

  • Cadete infantil: aqueles nados entre o 2003 e o 2006;
  • Alevín: nados no 2007 e 2008;
  • Benxamín: nados no 2009 e 2010;
  • Prebenxamín: nados entre o 2011 e o 2014, ambos inclusive.

A inscrición, con carácter gratuíta, pode realizarse ata o vindeiro 6 de agosto pola mañá no Complexo Deportivo de A Granxa e deberá facerse en equipos formados por un mínimo de 3 e un máximo de 5 participantes, podendo ter compoñentes de ambos os sexos. Máis información no 988.41.12.26.

Aberto o prazo de inscrición para o torneo 3X3 de cativos organizado por Aever