Venres. 29.03.2024
040719 Retablo Verin2
Díaz Mouteira durante a obra. | FONTE: DELEGACIÓN TERRITORIAL DA XUNTA DE GALICIA.

A Consellería de Cultura invertiu 67.375 euros para restaurar o retablo maior da igrexa do convento dos Padres Mercedarios de Verín.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, supervisou esta mañá a obra de restauración, que a Consellería de Cultura e Turismo ven de comezar a executar. Na súa visita estivo acompañada pola xefa territorial de Cultura e Turismo, Sandra Quintas Vázquez; e polo superior da Orde da Mercé, o padre Orencio. A representante do executivo galego subliñou o compromiso da Xunta co Galicia "coa preservación do noso rico patrimonio cultural".

A obra presentaba un estado de conservación preocupante nalgunhas zonas e ante esta situación, o pasado mes de outubro a Consellería de Cultura asinou un convenio coa Comunidade Mercedaria de Verín para a posta a disposición dos inmobles necesarios para a súa restauración. Os traballos que se realizarán teñen por obxectivo facer estudos históricos e artísticos, lumínicos, radiográficos, así como análises de policromías, físico-químicos, probas de solubilidade, protección e asentado de estratos polícromos; limpeza superficial e tratamentos antixilófagos, consolidación do soporte de madeira, carpintería de restauración e reintegracións volumétricas, limpeza da policromía, e reintegración do estrato de preparación e policromías do conxunto, vernizado e aplicación de protección final.

A Xunta inviste 70.000 euros na restauración do retablo da igrexa da Merced en Verín