viernes. 19.04.2024
Unha relixiosa e unha auxiliar do asilo, empurrando dúas cadeiras de rodas. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Unha relixiosa e unha auxiliar do asilo, empurrando dúas cadeiras de rodas. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

DSC_8583 (FILEminimizer)Algunas das relixiosas saían do asilo perfectamente protexidas. | FOTO: Noelia Caseiro. 

Foi a imaxe desta mañá nas inmediacións do hospital de Verín e a carón do campo de fútbol do José Arjiz da vila. Ao longo de máis de dúas horas, a secuencia foi sempre a mesma: persoal do asilo de anciáns ou mesmo relixiosas empurrando cadeiras de rodas de anciáns con evidentes dificultades motoras e, poida que nalgún caso, ata congnitivas.

WhatsApp Image 2020-07-12 at 15.33.09 (1)Persoal do asilo acompañando a dúas anciáns a votar. | FOTO: Xosé Lois Colmenero. 

Cara as dez da mañá comezaron a chegar os primeiros maiores, ben empurrados por relixiosas, ben en automóbiles das auxiliares do xeriátrico próximo. As xa altas temperaturas que se rexistraban, 26 graos ás 10:30 horas, supuñan, para calquera, e máis para os anciáns, un evidente risco. A afluencia nunha das mesas era tal que algúns dos votantes que non tiñan preferencia decidiron, logo de esperar máis de 20 minutos nalgúns dos casos, desistir do intento e agardar para votar pola tarde ou, como así aseguraba unha muller duns 50 anos que se retirou, nin chegar a facelo. A orde de darlle preferencia aos maiores ou persoas enfermas obrigaba, nunha das mesas instaladas no campo de fútbol de Verín, a que os adultos válidos e sen patoloxía tiveran que agardar moito máis do aconsellable baixo unha insoportable irradiación. 

WhatsApp Image 2020-07-12 at 15.33.11Ás once da mañá, os anciáns estaban aturando altas temperaturas no colexio electoral do José Arjiz. | FOTO: Xosé Lois Colmenero. 

Grande parte dos maiores que alí votaron nesas horas procedía do asilo verinense. Nalgúns casos agardaron ata uns dez minutos na porta do colexio electoral, eles e as súas acompañantes, para exercer o seu dereito constitucional. As condicións climatolóxicas tan severas que se rexistraban levaron aos técnicos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín a instalar unhas carpas que protexesen aos que se vían obrigados a agardar a quenda dos maiores do asilo. 

WhatsApp Image 2020-07-12 at 15.33.08Antes do mediodía, Protección Civil decidiu instalar carpas para evitar posibles insolacións. | FOTO: Xosé Lois Colmenero. 

Ata a cara as doce do mediodía, a imaxe na avenida de Laza á altura do hospital foi a mesma: máis dunha ducia de anciáns en cadeira de rodas empurradas por persoal ou relixiosas camiño do ximnasio do campo de fútbol da vila de Verín. 

No seguinte vídeo -que lle pode supor unha denuncia a este diario, segundo lle advertiu o axente que se interpón na imaxe-, poden apreciarse as colas de anciáns que se rexistraron ata o mediodía desta xornada electoral. 

Decenas de cadeiras de rodas percorren a avenida de Laza de Verín, dende o asilo, para...