jueves. 18.04.2024
Serxio María Rodríguez Álvarez

Serxio María Rodríguez Álvarez

Serxio María Rodríguez Álvarez naceu en Ourense hai 22 anos. Actualmente estuda Dereito e Ciencias Políticas na USC. Interesado nos eidos da Teoría Política, os sistemas de partidos e o dereito constitucional, así como os distintos procesos políticos que ocorren en todo o mundo e, especialmente, en Galicia e Europa. Foi presidente de Novas Xeracións de Ourense, responsabilidade que ostentou ata marzo de 2018, data na que abandou a militancia e todos os cargos no Partido Popular polas diferenzas ideolóxicas coa liña conservadora emprendida no XIX Congreso Nacional dos populares. Participou activamente de distintos movementos xuvenís, políticos e culturais como a Asociación de Estudantes Alborexar. Identificado cunha liña de pensamento galeguista, foi fundador en 2018 da asociación de estudantes Irmandade Galega Universitaria, de orientación nacionalista, da que actualmente é vicepresidente e representante no claustro da USC.