luns 12/04/21
As ofertas pódense presentar ata o vindeiro 7 de abril

A Xunta investirá 100.000 euros no arranxo da estrada do Salto do Cabalo a Moialde, en Vilardevós

Vilardevós-obras-estrada do Salto do Cabalo a Moialde
Estado que presenta a estrada entre o Salto do Cabalo e Moialde, en Vilardevós.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda licitou por case 100.000 euros as obras de rehabilitación da estradas Salto do Cabalo a Moialde, no concello de Vilardevós.

As entidades interesadas en presentarse a este contrato de obra pública dispoñen ata o vindeiro 7 de abril para presentar a súa oferta, que terá un prazo de execución de tres meses.

A Consellería de Medio Ambiente aposta desde hai varios anos por este tipo de colaboracións para apoiar aos concellos no desenvolvemento de intervencións urbanísticas de humanización orientadas a frear o despoboamento rural, potenciar as infraestruturas, os servizos e os equipamentos municipais e, en definitiva, mellorar o benestar e a calidade de vida nas vilas e cidades galegas.

A Xunta investirá 100.000 euros no arranxo da estrada do Salto do Cabalo a Moialde, en...
comentarios