viernes. 19.04.2024
O sinal está colocado na localidade de Florderrei, en Vilardevós. | FOTO: Eusebio Prada.
O sinal está colocado na localidade de Florderrei, en Vilardevós. | FOTO: Eusebio Prada.

O PP de Monforte (Lugo) vén de amosar a súa indignación este pasado xoves logo que de que o cartel de aviso de obras situado no Paseo de Lugo e a rúa Carude contivera o texto en catalán. Para Katy Varela, voceira do PP monfortino, "este é un exemplo máis do descontrol e da mediocridade que existe na xestión do goberno local, que nin tan sequera fai un seguemento de cuestións tan simples coma esta". 

Pola contra, a oposición socialista no Concello de Vilardevós, liderada por Julio Prada, non se amosa tan crítica co rexedor popular Manuel Cardoso: "Se é certo que temos tan preto a Illa, eu estou encantado de que Vilardevós sexa porto de mar", afirmou o voceiro do PSdeG na Corporación municipal.

sinal-VilardevósO indicativo sorprendeu a propios e estraños esta fin de semana. | FOTO: Eusebio Prada. 

El, e grande parte dos veciños de Terroso, Arzádegos, Vilarello e Florderrei víronse sorprendidos esta fin de semana polo indicativo do desvío das obras que se están a levar a cabo na OU-1006, que comunica a capitalidade do municipio coa localidade xa fronteiriza con Portugal de Vilarello.

Un sinal reutilizado pola compañía adxudicataria das obras perdeu o plástico superposto sobre a lenda orixinal e acabou indicando un desvío á Illa de Arousa (Pontevedra) cando a dirección que realmente marca é a de Vilardevós. 

Vilardevós... Porto de mar