jueves. 25.04.2024
Vilardevós acompañará á Mezquita neste nivel dende o venres.
Vilardevós acompañará á Mezquita neste nivel dende o venres.

O comité clínico que fai seguimento da evolución da covid en Galicia vén de propoñer, na súa reunión de hoxe, que os concellos que teñan o nivel de restricións máximas sexan os de Paradela, A Pobra de Brollón, Boborás, A Mezquita, Vilardevós e Pontecesures.

Nestes seis municipios están prohibidas as reunións de non conviventes e tampouco está permitida a mobilidade fóra do concello, mentres que a hostalaría debe permanecer pechada, salvo o servizo de recollida e a domicilio.

No nivel alto de restricións quedarán os concellos de Soutomaior, Ponte Caldelas, Vilanova de Arousa, Mos, Cambados, Guitiriz, Lourenzá, Chantada, Mugardos, Cariño, Arteixo, Miño e Sobrado. Os seus habitantes só poderán moverse entre concellos deste mesmo nivel e poderán reunirse cun máximo de catro non conviventes. O interior dos locais de hostalaría debe permanecer pechado, mentres que poden abrir as terrazas cun 50% de aforamento, até as 18:00 horas.

O resto dos concellos galegos queda no terceiro nivel, con restricións de carácter medio, que permiten un aforamento do 30% no interior de bares, restaurantes e cafetarías e do 50% nas terrazas, tamén até as 18:00 horas. Así mesmo, está permitida a mobilidade con concellos no mesmo nivel e reunións de non conviventes cun máximo de catro persoas.

Estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do venres día 12 de marzo.

Casos de Covid-19 nos municipios de Monterrei

No análise dos positivos por Covid atópase, como en outros días, unha estabilidade ou unha baixada de casos na maioría de concellos. Sen embargo, son excepcións Vilardevós, que pasa de cinco a sete activos nas últimas 24 horas, e Oímbra, que aumenta en un. 

Positivos nos centros educativos da comarca

O número de positivos nos colexios sufriu un gran descenso nas últimas semanas. Deste xeito, o CEIP Augusto Assía da Mezquita e o CEIP Plurilingüe Rodolfo Núñez Rodríguez de Vilardevós presentan un único activo. En Verín, o IES Castro de Baronceli conta con cinco e o CEIP Amaro Refojo con un, pero mantén unha aula pechada segundo a información facilitada polo Sergas.

 

Vilardevós, en nivel máximo de restricións dende o venres