Xoves. 28.03.2024
Concello de Vilardevós. | FOTO: María Ceballos.
No concello de Vilardevós realizarase un cribado este venres. | FOTO: María Ceballos.

Tan só horas despois de que Vilardevós pase ao nivel máximo de restrición - na media noite do xoves ao venres-, o Sergas realizará un cribado masivo na localidade no patio cuberto do CEIP Rodolfo Núñez da capitalidade municipal.

Estarán citados uns 700 veciños do municipio, e comezará arredor das 15:00 horas e os equipos do Sergas estarán traballando ata pouco despois das 19:00 horas

O comité clínico resolveu onte incorporar a Vilardevós á listaxe de municipios en nivel máximo, o que obrigará á súa hostalaría a baixar as súas persianas e o concello deberá permanecer pechado perimetralmente

O Rodolfo Núñez de Vilardevós acollerá o cribado deste venres